Como en todos os pobos, o de Aguiño tamén ten as súas peculiaridades na fala. Aguiño pertence a un concello da franxa costeira donde a gran maioría da xente vive do mar. A definición de tallante non se encontra no diccionario da lingua galega, senon dentro das palabras habituais dos mariñeiros desta zona. Así, un tallante non é máis que unha estrela de mar.
Este local permanece aberto durante todo o ano. Os días laborais poden disfrutar dos seus almorzos a partir das 7.30 da maña e os fins de semana dende as 9.30. Si non son moi madrugadores, e prefiren pasar a tomar unhas tapas, poden escoller entre productos como polbo da ría, navallas, distintas receitas de mexilón, etc. Non esquezan botar un vistazo o expositor de tapas e a variedade de bocadillos do local. Tamén pode disfrutar do menú do día, que inclue dous pratos, bebida e postre.
Ctra. General 32
15965 Ribeira
981841867